martes, 26 de marzo de 2013

PLAY. A Raíña da Noite. A frauta máxica. W.A. Mozart.


A Raíña da Noite, chea de ira, expresa a  súa decepción porque o  príncipe Tamino púxose do lado do gran sacerdote Sarastro (Señor da Luz). Traizoada e enfurecida obriga a Pamina, a súa filla, a asasinar a este último, ameazándoa con abandonala para sempre se non o fai. Fóra de si, dálle un coitelo e desaparece.


A vinganza do inferno ferve no meu corazón!
A morte e a desesperación...
a morte e a desesperación arden ao meu redor!

Se, pola túa man, Sarastro non sinte as dores da morte...
Sarastro non sinte as dores da morte
nunca máis serás a miña filla!
Nunca máis serás a miña filla!

Nunca máis serás a miña filla!
Nunca máis serás a miña filla!

Repudiada serás por toda a eternidade!
Abandonada serás por toda a eternidade!
Destruídos quedarán todos os lazos da natureza!
Repudiada!
Abandonada!
Destruídos quedarán todos os lazos da natureza!
Tódolos lazos!
Tódolos lazos da natureza!
Se Sarastro non expira pola túa man.

Escoitade, Deuses da vinganza!
Escoitade o xuramento dunha nai!



miércoles, 20 de marzo de 2013

PLAY. Ave María.  Otello. G. Verdi

Desdémona reza o Ave María antes deitarse a durmir. Máis tarde entra Otelo, que a bica, a esperta e  pregúntalle se xa fixo as súas oracións. Trae unha espada na man e acúsaa de amar a Casio. Ela négao e roga piedade, pero Otelo, tolo de celos, acaba estrangulándoa.

Ave María, chea de graza,
bendita ti sexas entre esposas e virxes
e bendito o froito, oh bendita,
do teu ventre materno, Xesús.
Roga polos que adorándote ante ti se prostran,
roga polo pecador e polo inocente,
polo débil oprimido e polo forte
que tamén é desgraciado,
mostra a túa piedade.
Roga por cantos inclinan a súa cabeza
á infamia e ao ultraxe.
Roga por nós sempre
e na hora da nosa morte.
Roga por nós.
Roga por nós.
Roga.

Ave María!...
Na hora da nosa morte...
Ave... Amén.


martes, 19 de marzo de 2013

PLAY. La mamma morta. Andrea Chénier. U. Giordano.

Madalena pide morrer co seu amado, o poeta Andrea Chénier, condenado a morte. Para elo suplantará a unha moza, tamén destinada á guillotina. Nada consigue librar deste triste fin aos amantes, que se unen para enfrontar xuntos a morte terreal do seu amor, pero non a transcendental.


Mataron á miña nai na porta do meu cuarto.
Morría e salvábame!
Despois, de madrugada, eu vagaba con Bersi
cando, de pronto, un brillo lívido pestanexaba
e iluminaba diante de min a rúa escura.
Miro. Ardía a miña casa!


E así quedei soa! E ao redor a nada!

Fame e miseria! A necesidade, o perigo!
Caín enferma e Bersi, boa e pura,
da súa beleza fixo negocio. Un contrato por min!
Levo a amargura a todo o que me quere ben.
Foi naquela dor que a min veu o amor.
Voz chea de harmonía e di:
Sigue vivindo! Eu son a vida!
Nos meus ollos está o teu ceo!
Ti non estás soa! As túas bágoas enxugo!
Estou no teu camiño e son o teu soporte!
Sorrí e espera! Eu son o amor!
É todo o demais sangue e lodo?
Eu son divino. Eu son o esquecemento.
Eu son o deus que baixa ao mundo do empíreo
e fai da terra un paraíso.
Ah, eu son o amor, o amor, o amor...!

E o anxo achégase, bícame.
E é o bico da morte.
O meu corpo é de moribunda,
conque: tómao.
Eu son xa unha cousa morta.














lunes, 18 de marzo de 2013


PLAY. O mio babbino caro. Gianni Schicchi. G. Puccini.

Lauretta suplícalle ao seu pai  que intente arranxar a  mala relación entre a súa familia e a do seu amado, Rinuccio, para así poder casar.



Oh, meu papaíño querido,
gústame, é belo, belo.
Irei á Porta Rossa
a comprar o anel!
Si, si, alí quero ir!
E se o amase en vano,
iría á Ponte Vecchio
pero para arroxarme ao Arno!
Angústiome, atorméntome!
Oh Deus, quixera morrer!
Papá, piedade, piedade!
Papá, piedade, piedade!



domingo, 17 de marzo de 2013


PLAY. Casta Diva. Norma.  V. Bellini.

Os druídas dan a benvida a Norma, a cal anuncia profeticamente a caída de Roma. Despois corta unha rama de visgo sagrado e dirixe a súa pregaria á lúa.


Casta diva,
que co teu esplendor de prata iluminas estes antigos e sagrados bosques.
Volve cara nós a túa fermosa cara sen nube e sen veo.
Tempera, oh deusa, tempera estes ardentes corazóns.
Tempera o seu celo audaz
e a paz que no ceo fas reinar derrama sobre a terra.








sábado, 16 de marzo de 2013

PLAY.Unha furtiva lágrima.  L'elixir d'amore. G. Donizetti


Nemorino comprou un elixir a un charlatán pensando que con el conquistaría o corazón de Adina. Sen embargo, parece non causar efecto e a moza anuncia o seu compromiso con outro pretendente. Desesperado e sen cartos suficientes para outra dose de elixir, decide enrolarse na mariña.


Unha furtiva bágoa
nos seus ollos brotou.
A aquelas alegres mozas,
ela, envexar pareceu.
Que máis buscando vou?
Que máis buscando vou?

Ámame, si, ámame, véxoo, véxoo.

Un só instante os latexos do seu fermoso corazón sentir!
Os meus suspiros confundir case co seu suspirar!

Os latexos, os latexos sentir.
Confundir os meus cos seus supiros.
Ceos... si podo morrer...
Máis eu non pido, non pido...
Si podo morrer...
Si podo morrer de amor!

viernes, 15 de marzo de 2013

 PLAY. Nessun dorma. Turandot. G. Puccini.

A princesa Turandot casarase con aquel home que resolva as tres adiviñas.
Un príncipe tártaro, que só con vela se namora perdidamente, accede a pasar todas as probas, a pesares de ser avisado da crueldade da princesa.
O enigmático namorado resolve os tres misterios, polo que a princesa chora amargamente intentando que o seu pai non a entregue ao príncipe. Pero non hai volta atrás: un trato é un trato.
O nobre cabaleiro accede a liberala do seu compromiso se antes do amencer adiviña o seu nome.
Turandot, entón, prohibe durmir a todo o mundo, ata que apareza alguén que desvele o nome do seu prometido.


El mentres tanto canta:                                                    

Que ninguén durma!
Que ninguén durma!
Ti tamén princesa,
na túa fría estancia
mira as estrelas que temblan
de amor e de esperanza!
Mais o meu misterio

encérrase en min,
o meu nome ningúen saberá!
Non, non, sobre a túa boca direino
cando resplandeza a luz!
O meu bico desfará
o silencio que te fai miña!